miércoles, 13 de abril de 2016

PREPARANDO "O RAMO" (II)

CONTINUAMOS AS NOSAS CREACIÓNS INSPIRADAS NA OBRA QUE PRESENTOU XIANA A PASADA SEMANA.
RETOMAMOS A PREPARACIÓN DAS FOLLAS: PINTAR E PICAR.

CANDO XA TIÑAMOS MOITAS FOLLAS, PASAMOS Á MONTAXE. BASEÁNDONOS NA OBRA DE MATISSE "O RAMO" CREAMOS AS NOSAS PROPIAS PRODUCIÓNS.
 TRÁTASE DE TRABALLO EN EQUIPO, TOMAR DECISIÓNS PARA QUE O RESULTADO SEXA O DESEXADO POLOS CINCO MEMBROS DO EQUIPO.
CANDO "O RAMO" XA ESTABA DESEÑADO PASAMOS A PEGAR AS FOLLAS.
IMPORTANTE SER COIDADOSOS.
 O RESULTADO FOI MARABILLOSO!
 FIXEMOS UN SORTEO E UN MEMBRO DE CADA EQUIPO LEVOU A OBRA DE ARTE PARA A SÚA CASA DE AGASALLO. NORABOA A XAVI, ÁNGEL, UXURI, VALERIA E DARIEN!
E NORABOA A TODOS E TODAS, SODES GRANDES ARTISTAS!

2 comentarios:

  1. Unha idea xenial a de facer "O ramo" e que sorte tivo Darien que puido traer a obra para a casa. Encantoume!!!! Xa temos o sitio escollido para colocalo. Moi ben chic@s, estades feitos uns verdadeiros artistas!

    ResponderEliminar
  2. Qué chulada!!!Quedaron preciosos!!
    A todos les hubiese encantado traerlos para casa.Felicidades a los afortunados.

    ResponderEliminar