jueves, 30 de noviembre de 2017

A casa (I)

Despois de asistir ás tres presentacións de "a familia e os amigos", continuamos co seguinte tema "a casa".
Darien foi o primeiro que presentou e amosou como é a súa casa.

lunes, 27 de noviembre de 2017

25 N

O venres 24 colocouse un enorme lazo violeta para amosar a nosa implicación no día contra a violencia.

A familia e os amigos (II)

Ángel e a súa familia prepararon un mural cunha árbore xenealóxica con fotos da súa familia.

jueves, 23 de noviembre de 2017

A familia e os amigos (I)

Na distribución dos temas de Ciencias Sociais, tocoulle comezar a Marcos con "a familia e os amigos".
Para axudarlle na presentación contamos coa colaboración da súa irmá Nerea.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Halloween puzzle.

Continuamos facendo actividades relacionadas co Halloween (na Sección Bilingüe falamos de Halloween, no resto de actividades... Samaín).
Preparamos puzles terroríficos.

martes, 21 de noviembre de 2017

Os 6 anos de Daniela.

Daniela é a única compañeira que está de aniversario en novembro.
Celebrámolo na aula.
Daniela escolleu á súa amiga Xiana para que representara o Sol.

lunes, 20 de noviembre de 2017

Samaín 2017 (II)

Ademais de escoitar contos de medo, na aula contamos un conto de medo moi especial!
Un conto onde os nenos e nenas reproducían o sons mentras contabamos o conto.
Houbo dous encargados de reproducir o vento, facendo xirar tubos de plástico.

viernes, 17 de noviembre de 2017

Samaín 2017 (I)

Como vén sendo tradición no cole, as familias aportaron cabazas decoradas para ambientar os corredores.

jueves, 16 de noviembre de 2017

Halloween skeletons!

Na sesión de Arts&Crafts, para Halloween, preparamos uns esqueletos para decorar os nosos cuartos... terroríficos!

miércoles, 15 de noviembre de 2017

martes, 14 de noviembre de 2017

Magosto 2017 (I)

Como todos os anos, antes de celebrar o magosto, preparamos un envase para levar as castañas.
Forramos, decoramos e puxemos adhesivos nos envases de leite que trouxemos da casa.

lunes, 13 de noviembre de 2017

Onte queimaron Galicia.

Un mes despois dos incendios que invadiron Galicia querémosvos amosar algúns debuxos que fixemos despois de falar do tema o luns despois da traxedia.

lunes, 6 de noviembre de 2017

WATERCOLOURS.

Nesta sesión de arts&crafts pintamos con acuarelas.
Como sempre, o primeiro é preparar o material: cadernos, pinceis,acuarelas e recipientes con auga.

viernes, 3 de noviembre de 2017

AUTUMN LEAVES.

Desde o blog imos amosarvos algunhas actividades desenvolvidas nas sesións de plástica, unhas sesións especiais, por que? porque imos a aula de infantil e porque as "explicacións" son en inglés!

Aproveitando que temos unha zona con árbores, fomos coller algunhas follas para "arts&crafts".