viernes, 20 de abril de 2018

viernes, 13 de abril de 2018

O Sol e a paisaxe (II)

Mateo continuou co tema que comezara Xavi centrándose no Sol.
Mateo estaba preparado co "Sol", a "Terra"e unha corda.

martes, 10 de abril de 2018

O Sol e a paisaxe (I)

Xavi foi o encargado de introducir un novo tema de ciencias sociais: "O Sol e a paisaxe".
Xavi traía un dossier preparado, cheo de imaxes para presentar o tema.

domingo, 11 de marzo de 2018

Certame de poesía "Rosalía sempre viva"

O sábado participamos no Certame de poesía "Rosalía sempre viva" na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei.
A primeira fase do concurso tivo lugar no centro.
Os nenos e neas de 5º encargáronse de gravar o recitado de poemas de "Os soños na gaiola".
A segunda fase do concurso desenvolveuse este sábado na casa museo Manuel María. Alí fomos unha pequena representación do grupo para recitar "A vaca".
Como sabedes, desde que estabamos en infantil, coñecemos e gozamos da obra de Manuel María. 
Para nós, asistir ao Certame foi o mellor xeito de rematar con este proxecto.
É importante destacar a implicación e compromiso das familias que foron ata Outeiro de Rei (Lugo). Non foi sinxelo organizalo pero mereceu a pena!
Moitas grazas familias!
E parabéns aos 8 poetas e poetisas! Fixérono moi ben!

martes, 27 de febrero de 2018

jueves, 22 de febrero de 2018

Entroido 2018 (II)


E de súpeto...
Todo convertido en ouro!
Quen foi?

O noso Rei Midas encargouse de converter aos nenos e nenas en tesouros dourados e estatuas de ouro.

miércoles, 21 de febrero de 2018

Entroido 2018 (I)


Durante a semana de Entroido os nenos e nenas do grupo seguiron os mandados do Meco.
O xoves foi o seu día favorito: o día do disfrace libre.
Na aula podiamos atopar calquera personaxe!
E un montón de ninjas!

martes, 20 de febrero de 2018

PEACE day

Dedicamos varias sesións de Arts&Crafts para facer o noso manifesto artístico pola PAZ.
Primeiro pintamos unha folla branca con ceras de diferentes tipos: "manley" e "dacs".

viernes, 16 de febrero de 2018

jueves, 15 de febrero de 2018

Darien fai 7 anos

Aínda que con un pouco de retraso... amosámosvos as imaxes da celebración do aniversario de Darien.
 

martes, 13 de febrero de 2018

sábado, 10 de febrero de 2018

Nadal (V): Intercambio de postais

Non podía faltar o intercambio de postais de Nadal. Volveunos tocar co mesmo grupo do ano pasado!
Este curso fomos nós á visitalos á súa aula, que está ao final do corredor.
Estábannos esperando coas súas tarxetas.

viernes, 9 de febrero de 2018

Nadal (IV)

Na semana de Nadal tivemos a sorte de disfrutar de moitas actividades.
Visitamos unha réplica da casa de Papá Noel, gozamos dun concerto e participamos nunha carreira!

Que nervios cando entramos na aula... estaba convertida nunha réplica exacta da casa de Papá Noel en Laponia.

jueves, 8 de febrero de 2018

miércoles, 7 de febrero de 2018

Christmas postcards: sewing a red nose.


Nas últimas sesións de Arts&Crafts do primeiro trimestre traballamos arreo na creación das nosas postais de Nadal.
Fixemos dous modelos diferentes.
Nesta entrada contaremos como fixemos a postal que intercambiamos cos nenos e nenas de 5ºA de primaria.
Que fixemos? coser! coser o nariz vermello dun reno.

lunes, 5 de febrero de 2018

Os 6 anos de Carla

Quedáronnos pendentes as fotos das celebracións de aniversario de decembro!
Carla celebrou con nós que xa ten 6 anos.

viernes, 2 de febrero de 2018

jueves, 1 de febrero de 2018

miércoles, 31 de enero de 2018

A casa (III)

Temos que continuar amosándovos as presentacións que foron realizando os nenos e nenas na aula.
Lucía continuou co tema "a casa". Trouxo un póster con fotos e un plano do piso onde vive coa súa familia.

martes, 30 de enero de 2018

Día da PAZ e a non violencia

Para conmemorar o día da PAZ e a non violencia, aportamos as nosas mensaxes de PAZ para que poidan ser lidas por todos os membros da comunidade educativa.

viernes, 26 de enero de 2018

Mito do Rei Midas

Como sabedes todos e todas, Nica propuxo traballar os mitos durante este curso.
A nós encargounos coñecer e investigar o mito do Rei Midas.
Se queredes ver un vídeo da historia deste mito (e a canción), facede click na imaxe.

jueves, 25 de enero de 2018

Saída a Santiago (I): visita á oficina de Correos.

Na nosa saída a Compostela visitamos a oficina de Correos.
Tiñamos preparados os nosos sobres coas postais que creamos en "Arts&Crafts". 

viernes, 19 de enero de 2018

Saída a Santiago (II): concerto de Odaiko

A nosa visita a Compostela foi moi completa: levamos as nosas postais á oficina de Correos e asistimos a un concerto do grupo de percusión "Odaiko".

miércoles, 17 de enero de 2018

Nadal (III) Circonove

Os últimos días do primeiro trimestre estiveron cheos de sorpresas!
Nesta ocasión.... o circo!
Non, non fomos ao circo senón que unha representación do circo veu a Sigüeiro.

lunes, 15 de enero de 2018

Nadal (I) Visita de Melgasar

A visita do carteiro dos Reis Magos é sempre un momento especial, cheo de nervios... 
Todos e todas esperando para ver a Melgasar.
Aquí tedes as imaxes dos nenos e nenas entregándolle a súa carta a Melgasar.