REINO ANIMAL
miércoles, 21 de marzo de 2018
domingo, 11 de marzo de 2018
Certame de poesía "Rosalía sempre viva"
O sábado participamos no Certame de poesía "Rosalía sempre viva" na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei.
A primeira fase do concurso tivo lugar no centro.
Os nenos e neas de 5º encargáronse de gravar o recitado de poemas de "Os soños na gaiola".
A segunda fase do concurso desenvolveuse este sábado na casa museo Manuel María. Alí fomos unha pequena representación do grupo para recitar "A vaca".
Como sabedes, desde que estabamos en infantil, coñecemos e gozamos da obra de Manuel María.
Para nós, asistir ao Certame foi o mellor xeito de rematar con este proxecto.
É importante destacar a implicación e compromiso das familias que foron ata Outeiro de Rei (Lugo). Non foi sinxelo organizalo pero mereceu a pena!
Moitas grazas familias!
E parabéns aos 8 poetas e poetisas! Fixérono moi ben!
jueves, 8 de marzo de 2018
lunes, 5 de marzo de 2018
viernes, 2 de marzo de 2018
jueves, 1 de marzo de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)