jueves, 26 de octubre de 2017

CONCERTO NO CONSERVATORIO HISTÓRICO DE COMPOSTELA


En "El correo gallego" recollen a imaxe do remate da nosa visita ao conservatorio histórico de Santiago de Compostela.
Asistimos a "Unha viaxe a tempo", onde aprendimos cancións africanas, asiáticas...

martes, 24 de octubre de 2017

viernes, 20 de octubre de 2017

miércoles, 18 de octubre de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA

Neste curso Nica continúa acompañándonos no descubrimento de novas aventuras a través dos libros, desde a biblioteca do cole.
Comezamos a tempada coa sesión de formación de usuarios, para lembrar as normas da biblioteca e o sistema de préstamo.

martes, 17 de octubre de 2017

OS 6 ANOS DE XAVI

O primeiro en compartir neste curso a súa festa de aniversario cos compañeiros e compañeiras foi Xavi.

lunes, 16 de octubre de 2017

MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O mes de outubro é o mes da biblioteca escolar e o día 24 o "día da biblioteca".

Nica presentounos hoxe unha proposta na que todos e todas imos participar: o concurso de portadas.

Para participar, fomos escoller un libro á biblioteca de aula. Co noso número de lector/a rexistramos o préstamo.

miércoles, 11 de octubre de 2017

DESPEDIDA DE MANDILÓNS

SE HAI UN ELEMENTO MATERIAL QUE NOS ACOMPAÑOU AO LONGO DESTES TRES CURSOS... ESE É O MANDILÓN!
(O NOSO MANDILÓN DE COR PISTACHO, CLARO)
CANDO CHEGAMOS Á ESCOLA (SETEMBRO DE 2014) APRENDIMOS A POÑELO, ABOTOALO, QUITALO, DARLLE VOLTA ÁS MANGAS E DEIXALO AXEITADAMENTE NO COLGADOIRO. CANTAS COUSAS! (AO PRINCIPIO NON ERA SINXELO)
O PASO A PRIMARIA SIGNIFICA DEIXAR DE VESTIR O MANDILÓN A DIARIO (AÍNDA QUE XA SABEDES QUE O PRECISAREMOS PARA PLÁSTICA EN PRIMEIRO)
NÓS QUIXEMOS FACER UN "ACTO DE DESPEDIDA" NO PATIO.

lunes, 9 de octubre de 2017

SAMBA!

O ÚLTIMO DÍA DE CURSO BAILAMOS SAMBA COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
NA AULA FIXEMOS UNHAS FOTOS DE GRUPO "POR PARTES", PARA QUE POIDADES VERNOS BEN!

jueves, 5 de octubre de 2017

SAÍDA DE FIN DE CURSO 2016/2017

A NOSA ÚLTIMA SAÍDA DE INFANTIL TIVO UN CLARO COMPOÑENTE LÚDICO. VISITAMOS UN PARQUE DE BÓLAS EN PONTEVEDRA ATA ONDE FOMOS EN TREN!
PARA A MAIORÍA ERA A PRIMEIRA VEZ QUE ÍAN EN TREN, ASÍ QUE FOI MOI EMOCIONANTE.

miércoles, 4 de octubre de 2017

VISITA DE ANA E SAIOA

ANA , NAI DE ALICIA, VEU A ACOMPAÑAR A SAIOA, NAI DE UXURI PARA FACER UNHA MANUALIDADE QUE TIÑAN PREPARADA.
TROUXERON TODO O MATERIAL PRECISO PARA CREAR UN MARCO DE FOTOS.
PRIMEIRO, REPARTIRON O MATERIAL: CARTÓN CORTADO E PAPEL DE ENVOLVER AGASALLOS (VERDE OU VIOLETA).

martes, 3 de octubre de 2017

VISITA DE EVA E LUCAS

A NAI E IRMÁN DE IRIA VIÑERON CARGADOS DE CAIXAS DECARTÓN MOI GRANDES...
PREPARADÍSIMOS PARA LEVAR A CABO UN OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA E RECICLAXE.
A PRIMEIRA ACTIVIDADE FOI A CREACIÓN DE COELLIÑOS DE PAPEL. LUCAS REPARTIU FOLIOS DE CORES.

lunes, 2 de octubre de 2017

TRIPLE VISITA

MARÍA, NAI DE MARTÍN, ANA, NAI DE ALICIA E MARÍA E NOA, NAI E IRMÁ DE LÍA VIÑERON Á NOSA AULA PARA COMPARTIR CON NÓS MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.