miércoles, 30 de septiembre de 2015

NOVOS MATERIAIS NA AULA

NESTE CURSO, NA MESA VERDE, TEMOS MATERIAL NOVO: UN PANEL DE LUZ.
POR AGORA ESTAMOS PROBANDO E EXPERIMENTANDO CON ALGÚNS MATERIAIS... QUE PASA SE OS COLOCAMOS SOBRE O PANEL DE LUZ?
XA VOS CONTAREMOS OS NOSOS AVANCES!

TEMOS TAMÉN UN PERGAMIÑO MÁXICO. NEL, ESCRIBIMOS SEN PINTURA...
PODEMOS EMPREGAR UN PINCEL MOLLADO EN AUGA.
OU UTILIZAR AS NOSAS MANS
CANDO PASA UN TEMPO, O QUE ESCRIBIMOS DESAPARECE! É INCRIBLE!
QUE VOS PARECEN AS NOSAS NOVIDADES?

martes, 29 de septiembre de 2015

MONSTRO DE CORES

COMO ESTÁS HOXE?
ALEGRE? TRISTE? 
ESTAMOS INTENTANDO ACHEGARNOS Á EXPRESIÓN DALGUNHAS EMOCIÓNS.
PARA ISO É IMPORTANTE IDENTIFICALAS!
O ÁLBUME "O MONSTRO DE CORES" DA EDITORIAL KÓKINOS AXÚDANOS MOITO!
ALGUNHAS FAMILIAS QUEREDES ESCOITAR A CANCIÓN, VERDADE?
FACENDO CLIC AQUÍ PODEDES ATOPALA.
ESPERAMOS QUE A GOCEDES TANTO COMA NÓS!

martes, 22 de septiembre de 2015

EFECTO PIGMALIÓN

UNHA BOA FORMA DE INICIAR O CURSO, REFLEXIONANDO SOBRE AS EXPECTATIVAS...
ESCOITÁRADES FALAR DO EFECTO  PIGMALIÓN?
NESTE ENLACE PODEDES ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN.

domingo, 13 de septiembre de 2015

3, 2, 1... ESTAMOS DE VOLTA!

CON MOITAS COUSAS QUE CONTAR E MOITAS GANAS DE CONTINUAR COMPARTINDO OS NOSOS MELLORES MOMENTOS!
BENVIDOS E BENVIDAS!