lunes, 4 de diciembre de 2017

Os caracois

Recibimos unha visita moi especial.
Un grupo de nenos e nenas de 6º, grandes expertos en caracois, viñeron presentar parte do seu traballo.

viernes, 1 de diciembre de 2017

A casa (II)

Manuel amosounos un tipo de casa diferente á de Darien: unha casa adosada.
Manu trouxo un mural moi especial.

jueves, 30 de noviembre de 2017

A casa (I)

Despois de asistir ás tres presentacións de "a familia e os amigos", continuamos co seguinte tema "a casa".
Darien foi o primeiro que presentou e amosou como é a súa casa.

lunes, 27 de noviembre de 2017

25 N

O venres 24 colocouse un enorme lazo violeta para amosar a nosa implicación no día contra a violencia.

A familia e os amigos (II)

Ángel e a súa familia prepararon un mural cunha árbore xenealóxica con fotos da súa familia.

jueves, 23 de noviembre de 2017

A familia e os amigos (I)

Na distribución dos temas de Ciencias Sociais, tocoulle comezar a Marcos con "a familia e os amigos".
Para axudarlle na presentación contamos coa colaboración da súa irmá Nerea.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Halloween puzzle.

Continuamos facendo actividades relacionadas co Halloween (na Sección Bilingüe falamos de Halloween, no resto de actividades... Samaín).
Preparamos puzles terroríficos.

martes, 21 de noviembre de 2017

Os 6 anos de Daniela.

Daniela é a única compañeira que está de aniversario en novembro.
Celebrámolo na aula.
Daniela escolleu á súa amiga Xiana para que representara o Sol.

lunes, 20 de noviembre de 2017

Samaín 2017 (II)

Ademais de escoitar contos de medo, na aula contamos un conto de medo moi especial!
Un conto onde os nenos e nenas reproducían o sons mentras contabamos o conto.
Houbo dous encargados de reproducir o vento, facendo xirar tubos de plástico.

viernes, 17 de noviembre de 2017

Samaín 2017 (I)

Como vén sendo tradición no cole, as familias aportaron cabazas decoradas para ambientar os corredores.

jueves, 16 de noviembre de 2017

Halloween skeletons!

Na sesión de Arts&Crafts, para Halloween, preparamos uns esqueletos para decorar os nosos cuartos... terroríficos!

miércoles, 15 de noviembre de 2017

martes, 14 de noviembre de 2017

Magosto 2017 (I)

Como todos os anos, antes de celebrar o magosto, preparamos un envase para levar as castañas.
Forramos, decoramos e puxemos adhesivos nos envases de leite que trouxemos da casa.

lunes, 13 de noviembre de 2017

Onte queimaron Galicia.

Un mes despois dos incendios que invadiron Galicia querémosvos amosar algúns debuxos que fixemos despois de falar do tema o luns despois da traxedia.

lunes, 6 de noviembre de 2017

WATERCOLOURS.

Nesta sesión de arts&crafts pintamos con acuarelas.
Como sempre, o primeiro é preparar o material: cadernos, pinceis,acuarelas e recipientes con auga.

viernes, 3 de noviembre de 2017

AUTUMN LEAVES.

Desde o blog imos amosarvos algunhas actividades desenvolvidas nas sesións de plástica, unhas sesións especiais, por que? porque imos a aula de infantil e porque as "explicacións" son en inglés!

Aproveitando que temos unha zona con árbores, fomos coller algunhas follas para "arts&crafts".

jueves, 26 de octubre de 2017

CONCERTO NO CONSERVATORIO HISTÓRICO DE COMPOSTELA


En "El correo gallego" recollen a imaxe do remate da nosa visita ao conservatorio histórico de Santiago de Compostela.
Asistimos a "Unha viaxe a tempo", onde aprendimos cancións africanas, asiáticas...

martes, 24 de octubre de 2017

viernes, 20 de octubre de 2017

miércoles, 18 de octubre de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA

Neste curso Nica continúa acompañándonos no descubrimento de novas aventuras a través dos libros, desde a biblioteca do cole.
Comezamos a tempada coa sesión de formación de usuarios, para lembrar as normas da biblioteca e o sistema de préstamo.

martes, 17 de octubre de 2017

OS 6 ANOS DE XAVI

O primeiro en compartir neste curso a súa festa de aniversario cos compañeiros e compañeiras foi Xavi.

lunes, 16 de octubre de 2017

MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O mes de outubro é o mes da biblioteca escolar e o día 24 o "día da biblioteca".

Nica presentounos hoxe unha proposta na que todos e todas imos participar: o concurso de portadas.

Para participar, fomos escoller un libro á biblioteca de aula. Co noso número de lector/a rexistramos o préstamo.

miércoles, 11 de octubre de 2017

DESPEDIDA DE MANDILÓNS

SE HAI UN ELEMENTO MATERIAL QUE NOS ACOMPAÑOU AO LONGO DESTES TRES CURSOS... ESE É O MANDILÓN!
(O NOSO MANDILÓN DE COR PISTACHO, CLARO)
CANDO CHEGAMOS Á ESCOLA (SETEMBRO DE 2014) APRENDIMOS A POÑELO, ABOTOALO, QUITALO, DARLLE VOLTA ÁS MANGAS E DEIXALO AXEITADAMENTE NO COLGADOIRO. CANTAS COUSAS! (AO PRINCIPIO NON ERA SINXELO)
O PASO A PRIMARIA SIGNIFICA DEIXAR DE VESTIR O MANDILÓN A DIARIO (AÍNDA QUE XA SABEDES QUE O PRECISAREMOS PARA PLÁSTICA EN PRIMEIRO)
NÓS QUIXEMOS FACER UN "ACTO DE DESPEDIDA" NO PATIO.

lunes, 9 de octubre de 2017

SAMBA!

O ÚLTIMO DÍA DE CURSO BAILAMOS SAMBA COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
NA AULA FIXEMOS UNHAS FOTOS DE GRUPO "POR PARTES", PARA QUE POIDADES VERNOS BEN!

jueves, 5 de octubre de 2017

SAÍDA DE FIN DE CURSO 2016/2017

A NOSA ÚLTIMA SAÍDA DE INFANTIL TIVO UN CLARO COMPOÑENTE LÚDICO. VISITAMOS UN PARQUE DE BÓLAS EN PONTEVEDRA ATA ONDE FOMOS EN TREN!
PARA A MAIORÍA ERA A PRIMEIRA VEZ QUE ÍAN EN TREN, ASÍ QUE FOI MOI EMOCIONANTE.

miércoles, 4 de octubre de 2017

VISITA DE ANA E SAIOA

ANA , NAI DE ALICIA, VEU A ACOMPAÑAR A SAIOA, NAI DE UXURI PARA FACER UNHA MANUALIDADE QUE TIÑAN PREPARADA.
TROUXERON TODO O MATERIAL PRECISO PARA CREAR UN MARCO DE FOTOS.
PRIMEIRO, REPARTIRON O MATERIAL: CARTÓN CORTADO E PAPEL DE ENVOLVER AGASALLOS (VERDE OU VIOLETA).

martes, 3 de octubre de 2017

VISITA DE EVA E LUCAS

A NAI E IRMÁN DE IRIA VIÑERON CARGADOS DE CAIXAS DECARTÓN MOI GRANDES...
PREPARADÍSIMOS PARA LEVAR A CABO UN OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA E RECICLAXE.
A PRIMEIRA ACTIVIDADE FOI A CREACIÓN DE COELLIÑOS DE PAPEL. LUCAS REPARTIU FOLIOS DE CORES.

lunes, 2 de octubre de 2017

TRIPLE VISITA

MARÍA, NAI DE MARTÍN, ANA, NAI DE ALICIA E MARÍA E NOA, NAI E IRMÁ DE LÍA VIÑERON Á NOSA AULA PARA COMPARTIR CON NÓS MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.

viernes, 29 de septiembre de 2017

viernes, 16 de junio de 2017

IRIA FAI 6 ANOS

ADIANTAMOS UN DÍA O ANIVERSARIO DE IRIA PORQUE COINCIDIU EN SÁBADO.
QUE GANAS DE CELEBRALO!

martes, 13 de junio de 2017

VALERIA FAI 6 ANOS

O DÍA DO SEU ANIVERSARIO SEMPRE É IMPORTANTE PARA OS NENOS E NENAS PERO SE ADEMAIS RECIBES A VISITA DA FAMILIA NA AULA, A FELICIDADE MULTIPLÍCASE!
VALERIA LEVABA SEMANAS CONTANDO OS DÍAS QUE FALTABAN PARA QUE CHEGARA O SEU DÍA.

jueves, 8 de junio de 2017

REINO ANIMAL: TIBURÓN

QUEDOUNOS PENDENTE AMOSARVOS A PRESENTACIÓN DE BRAIS, QUE PREPAROU INFORMACIÓN SOBRE O TIBURÓN.

miércoles, 7 de junio de 2017

REINO ANIMAL: ARAÑA

BIRAM BUSCOU INFORMACIÓN SOBRE A ARAÑA E PREPAROUSE PARA EXPOÑELA DIANTE DOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

martes, 6 de junio de 2017

REINO ANIMAL: LOMBRIGA

DESCUBRIMOS UN NOVO ANIMAL INVERTEBRADO: A LOMBRIGA.
LUCÍA ESTABA PREPARADA PARA AMOSAR AOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS TODO O QUE APRENDEU DA LOMBRIGA.

lunes, 5 de junio de 2017

MARTÍN FAI 6 ANOS

QUE IMPORTANTE É SER PROTAGONISTA NO DÍA DO ANIVERSARIO.
MARTÍN CELEBROU CON TODOS E TODAS QUE XA TEN 6 ANOS.

domingo, 28 de mayo de 2017

2ª QUEDADA LITERARIA NO CARBOEIRO

POR SEGUNDO ANO, O EQUIPO DA BIBLIOTECA ORGANIZOU UNHA QUEDADA LITERARIA NO CARBOEIRO, CO CEIP CAMIÑO INGLÉS E CO CRA DE OROSO.
XUNTÁMONOS NO PARQUE PARA ESCOITAR CONTOS.
CADA MANDILÓN PISTACHO ESCOLLEU UN CONTO DE ENTRE OS 13 QUE SE OFRECÍAN E FORON A ESCOITALO COA PROFE QUE O CONTABA.
UNHA MARABILLOSA EXPERIENCIA!
GRAZAS A NICA E AO SEU EQUIPO!

sábado, 27 de mayo de 2017

GRAZAS SILVIA!

QUEREMOS DEDICAR ESTA ENTRADA Á PROFE SILVIA QUE NOS ACOMPAÑOU DURANTE VARIAS SEMANAS NA NOSA AULA.
SILVIA ESFORZOUSE POR ESTAR MOITO TEMPO CON NÓS.
GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS O TEU TEMPO.
GRAZAS POR SER A NOSA PROFE!
MOITA SORTE!

viernes, 26 de mayo de 2017

viernes, 19 de mayo de 2017

GAEL FAI 6 ANOS

GAEL LEVABA SEMANAS CONTANDO OS DÍAS QUE FALTABAN PARA O SEU ANIVERSARIO!
E CHEGOU O DÍA!

lunes, 15 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 17 (I)

COMO SABEDES, LEVAMOS TODO O CURSO DESCUBRINDO A OBRA DE CARLOS CASARES, AUTOR AO QUE LLE DEDICAMOS ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A PASADA SEMANA CONTAMOS COA VISITA DE PEDRO BRANDARIZ, QUE NOS ACHEGOU AS HISTORIAS DE TORIBIO E OS SEUS INVENTOS.

viernes, 12 de mayo de 2017

FESTA DA TROITA 2017

COMO CADA ANO, O CEIP DE SIGÜEIRO NON PERMANECE ALLEO AO CONTORNO.
NA FIN DE SEMANA TEN LUGAR A FESTA DA TROITA NO POBO E NÓS CELEBRÁMOLA O VENRES, PARA IR PREPARÁNDONOS PARA OS DÍAS DE FESTA.

jueves, 11 de mayo de 2017

VISITAS. MAURO INVITA A LEO.

MAURO CONTOUNOS QUE A SÚA IRMÁ É UNHA FANTÁSTICA BAILARINA ASÍ QUE ESTIVEMOS ENCANTADOS DE QUE VIÑERA VISITARNOS.

miércoles, 10 de mayo de 2017

REINO ANIMAL: ESPONXA

DARIEN TROUXO Á ESCOLA UN MONTÓN DE INFORMACIÓN SOBRE UN SER VIVO QUE NOS SORPRENDEU: A ESPONXA DE MAR.

jueves, 27 de abril de 2017