domingo, 11 de marzo de 2018

Certame de poesía "Rosalía sempre viva"

O sábado participamos no Certame de poesía "Rosalía sempre viva" na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei.
A primeira fase do concurso tivo lugar no centro.
Os nenos e neas de 5º encargáronse de gravar o recitado de poemas de "Os soños na gaiola".
A segunda fase do concurso desenvolveuse este sábado na casa museo Manuel María. Alí fomos unha pequena representación do grupo para recitar "A vaca".
Como sabedes, desde que estabamos en infantil, coñecemos e gozamos da obra de Manuel María. 
Para nós, asistir ao Certame foi o mellor xeito de rematar con este proxecto.
É importante destacar a implicación e compromiso das familias que foron ata Outeiro de Rei (Lugo). Non foi sinxelo organizalo pero mereceu a pena!
Moitas grazas familias!
E parabéns aos 8 poetas e poetisas! Fixérono moi ben!

8 comentarios:

  1. Felicidades chic@s!!Estoy convencida de que dejasteis el pabellón bien alto.Una pena que no pudiésemos ir.....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Unha pena, porque Marcos tiña ganas! Pero ao ser un sábado... hai que priorizar!
      Moitas grazas Mary!

      Eliminar
  2. Una experiencia chulísima y una manera inolvidable de acabar el ciclo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si Lisi! Unha experiencia marabillosa!
      Valeria pasouno moi ben!

      Eliminar
  3. Felicidades chicos!!!. Pasamolo xenial.

    ResponderEliminar
  4. Fixerono xenial e sobre todo ian con moita ilusion. Parabens os nenos e a mestra q lle crea interese pola poesia.

    ResponderEliminar