martes, 27 de febrero de 2018

Medios de transporte (II)

A presentación de Nadia tivo dúas partes. A primeira na aula e a segunda... na rúa!

Nadia e a súa familia amosáronnos o camión do seu pai nunha presentación.
Nadia explicounos que transporta seu pai no camión.

Tamén falou de como é un camión por dentro e como son as súas viaxes.
 Amosounos un mapa para ilustrar as rutas do camión do seu pai.
Todo isto foi na aula pero unhas horas máis tarde saímos á rúa porque alí nos estaba esperando Jose,o pai de Nadia.

Jose explicounos un montón de cousas, detalles e curiosidades sobre o seu traballo.

Subimos para ver a cabina!

Que sorte poder ver tan de cerca un camión.

Moitas grazas a Jose polo seu tempo e por achegarse ao cole co camión!
Grazas!

5 comentarios:

  1. A Gael unha das cousas que mais lle chamou a atención e o de ter cama no camión.
    Gracias Familia

    ResponderEliminar
  2. A Alicia encantoulle o Camión....votou dias falando del...e fixouse en moitisimos detalles,que vin despois reflexado nun dibuxo que fixo!

    ResponderEliminar
  3. Nadia non cabia dentro dela cando supo q seu papi ia ir o cole enseñar o camion e ela era a protagonista. Felicidades a Nadia pola explicación e gracias Berta por invitalo a ir.

    ResponderEliminar
  4. Que bo traballo Nadia!!! Gracias a ela é a súa familia por deixar que todos os compañeiros disfrutaran do camión!

    ResponderEliminar
  5. Guauuu que suerte!Felicidades a Nadia

    ResponderEliminar