jueves, 8 de febrero de 2018

Christmas postcards: little houses



A segunda postal de Nadal que preparamos en Arts&Crafts foi a que enviamos desde a oficina de Correos de Santiago.


Cada neno e cada nena trouxo unha cartolina grande da súa cor favorita. As mestras cortaron as cartolinas e... tocou deseñar!
Escolleron papeis de cores e pegáronos na súa cartolina.
As combinacións de cartolinas e papeis de cores foron moi variadas. Foron experimentando e expresando as súas preferencias.

O seguinte paso foi pegar etiquetas sobre os papeis de cores. De novo, libre elección.
As postais eran moi longas, precisamos moito espazo para colocalas.



 Cando xa tiñan as etiquetas pegadas, recortaron as letras e pegáronas nas etiquetas para construír a mensaxe da postal:
HAPPY 2018 
 Para rematar, na "portada" da postal pegaron unha nova mensaxe, unha estrela de goma "eva" e ataron lazos para decorar.
 Foron moitas sesións de traballo dedicadas a esta postal.
Esperamos que vos gustara tanto o resultado como nos gustou a nós.
Parabéns a todos e todas polo esforzo!

2 comentarios:

  1. Preciosas quedaron las postales.Buen trabajo chic@s.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Foi bastante traballo, pero parece que o resultado gustou a todos e todas!

      Eliminar