DE ENTRE AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS NA XVI CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, FOMOS INVITADOS E INVITADAS A ASISTIR A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS EN COMPOSTELA.
O PASADO VENRES VISITAMOS A GALERÍA SARGADELOS, ONDE NOS ESPERABAN PATRI E ALEX, OS TRABALLADORES DE KALANDRAKA (A FÁBRICA DE CONTOS).
NA ENTRADA, ESTABA PATRI PREPARADA PARA RECIBIRNOS.
EXPLICOUNOS QUE IAMOS FACER E ANIMOUNOS A OBSERVAR ATENTAMENTE A EXPOSICIÓN, QUE EMPEZA XA NAS ESCALEIRAS.
CANDO CHEGAMOS ARRIBA, ESTABA ÁLEX ESPERÁNDONOS CO SEU ACORDEÓN.
COMEZAMOS ESCOITANDO "DESPOIS DA CHUVIA", A AVENTURA DUN PEQUENO RAPOSO AO QUE NON LLE DEIXAN AXUDAR...
ESTE ÁLBUM GAÑOU O PREMIO COMPOSTELA 2015. (SE FACEDES CLICK NA PORTADA, PODEDES ACCEDER A MÁIS INFORMACIÓN).
DESPOIS, PATRI CONTOUNOS UNHA DAS NOSAS HISTORIAS FAVORITAS: "A QUE SABE A LÚA?"
UNHA VERSIÓN MOI ESPECIAL, XA QUE ÁLEX, ADEMAIS DE TOCAR O ACORDEÓN, TOCABA A FRAUTA DE ÉMBOLO!
SE PICADES NA IMAXE, INFORMACIÓN.
A EXPOSICIÓN NA GALERÍA SARGADELOS É FERMOSÍSIMA. ATA TEN UN XARDÍN ONDE MEDRAN CONTOS!
PATRI FALOUNOS DE XOSÉ COBAS E DAS SÚAS MARABILLOSAS ILUSTRACIÓNS.
PASAMOS A UN RECUNCHO ONDE HABÍA UN TALLER DUN PINTOR...
PERO NON ERA HENRI MATISSE!!!
ALÍ NOS CONTARON (E CANTARON) "O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL".
REMATAMOS VISITANDO A SALA ESPECIAL (ASÍ É COMO LLE CHAMA PATRI) DA GALERÍA SARGADELOS, ONDE NOS AGARDABA UNHA MARABILLOSA SORPRESA: UNHA BALEA!
UNHA BALEA MOI ESPECIAL PORQUE É UN SUBMARINO.
PODEDES ACCEDER A MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO NA PORTADA.
COMO NON, O PASEO POR COMPOSTELA SEMPRE PAGA A PENA.
TEMOS QUE AGRADECER A KALANDRAKA E AO CONCELLO DE SANTIAGO POR CONTAR CON NÓS!
MOITÍSIMAS GRAZAS!
PERO NON ERA HENRI MATISSE!!!
ALÍ NOS CONTARON (E CANTARON) "O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL".
FACEDE CLICK NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ÁLBUM.
ESCOITAMOS CON MOITÍSIMA ATENCIÓN A PATRI E ÁLEX.REMATAMOS VISITANDO A SALA ESPECIAL (ASÍ É COMO LLE CHAMA PATRI) DA GALERÍA SARGADELOS, ONDE NOS AGARDABA UNHA MARABILLOSA SORPRESA: UNHA BALEA!
UNHA BALEA MOI ESPECIAL PORQUE É UN SUBMARINO.
PODEDES ACCEDER A MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO NA PORTADA.
COMO NON, O PASEO POR COMPOSTELA SEMPRE PAGA A PENA.
TEMOS QUE AGRADECER A KALANDRAKA E AO CONCELLO DE SANTIAGO POR CONTAR CON NÓS!
MOITÍSIMAS GRAZAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario