jueves, 28 de abril de 2016

A RITMO DE JAZZ

LEMBRADES A CAIXA QUE TROUXO MAURO?

UNHA CAIXA CHEA DE MATERIAL PARA ELABORAR AS NOSAS PROPIAS POSTAIS, COMO AS 20 DE HENRI MATISSE.
MAURO EXPLICOUNOS QUE É O JAZZ...
AQUÍ TEDES A DEFINICIÓN DA RAG:
Xénero musical de orixe afroamericana, creado nos Estados Unidos a principios do século XX, caracterizado principalmente pola improvisación e polo poder e a variedade do ritmo, que se toca en grupos nos que interveñen a batería, o saxo, a trompeta, o contrabaixo etc.
MAURO PROPÚXONOS FACER UNHA POSTAL COMO A QUE EL ELABOROU.
ASÍ QUE... A IMPROVISAR!
 CORTARON FORMAS E PEGARON CON MOITO COIDADO.
AS POSTAIS QUEDARON MOI BONITAS!

OS NENOS E NENAS QUEDARON MOI ORGULLOSOS E ORGULLOSAS CO RESULTADO!
ESTÁDESVOS CONVERTENDO EN ARTISTAS DAS TESOIRAS, IGUALIÑO QUE MATISSE!
PARABÉNS ARTISTAS!

1 comentario:

  1. Quedaron chulisimas,Alicia ten a sùa con un imàn na nevera.
    Gracias.

    ResponderEliminar