lunes, 25 de abril de 2016

MAURO E MATISSE

MAURO PRESENTOU UNHA NOVA OBRA DE HENRI MATISSE.
JAZZ

PERO JAZZ NON É UN SÓ CADRO, NIN UNHA VIDREIRA, NIN UN COLLAGE...
SON 20 POSTAIS, QUE MAURO CONTOU AXUDADO POLOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
OS NENOS E NENAS OBSERVARON OS DETALLES DAS 2O POSTAIS QUE COMPOÑEN JAZZ.
AS POSTAIS DE MATISSE ESTÁN DENTRO DUNHA CAIXA E A FAMILIA DE MAURO PREPAROU UNHA CAIXA MOI MOI ESPECIAL...

A CAIXA DE MAURO ESTABA CHEA DE PAPEIS CON FORMAS DEBUXADAS QUE EMPREGAMOS PARA FACER AS NOSAS PROPIAS POSTAIS.
NOUTRA ENTRADA AMOSARÉMOSVOS COMO AS FIXEMOS.
MAURO EXPLICOUNOS QUE O JAZZ É UN TIPO DE MÚSICA ONDE A IMPROVISACIÓN É MOI IMPORTANTE.
TROUXO DOUS CDs E ESTIVEMOS ESCOITANDO DURANTE TODA A SEMANA.
PARABÉNS MAURO!

1 comentario: