CONTINUAMOS POÑÉNDONOS AO DÍA CON ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE AÍNDA NON VOS AMOSAMOS NO BLOG.
A VISITA DE MARÍA (NAI DE MARTÍN) E CATERINA (NAI DE DARIEN) REQUIRÍA FACER AGÚN TRABALLIÑO CON ANTELACIÓN...
PRATOS DE CARTÓN E PINTURA MARRÓN...
PREPARÁMONOS PARA RECIBIR A MARÍA E CATERINA, QUE VIÑERON CONTAR "IMOS CAZAR UN OSO", UN ÁLBUM QUE NOS ENGANCHOU DESDE A PRIMEIRA PALABRA.
OS NENOS E NENAS ESTABAN EXPECTANTES... APARECERÁ O OSO?
DESPOIS DE COÑECER A HISTORIA, MARÍA, MARTÍN, CATERINA E DARIEN PROPUXÉRONNOS FACER UN OSO MOI ESPECIAL.
EXPLICÁRONNOS COMO FACER E REPARTIRON TODO O MATERIAL NECESARIO (NÓS XA TIÑAMOS OS PRATOS PINTADOS DE MARRÓN).
PICAMOS OLLOS, FOCIÑOS...
E FOMOS COLOCANDO TODOS OS ELEMENTOS SOBRE OS PRATOS PARA QUE MARÍA E CATERINA NOS AXUDARAN A PEGAR.
O RESULTADO FOI UN ÉXITO!
PODEDES GOZAR DESTA MARABILLOSA HISTORIA GRAZAS A ESTE VÍDEO ELABORADO POLO COLE MARTÍN CODAX DE VIGO.
GRAZAS A MARÍA E CATERINA POLA VISITA!
Outra mañá xenial na aula cos nenos!!!! Moitas gracias a María por deixarme acompañala e a Berta por poder volver outra vez máis!!!
ResponderEliminar