martes, 1 de marzo de 2016

VALERIA E MATISSE

CONTINUAMOS CON OUTRA OBRA DE MATISSE, O "ARTISTA DAS TESOIRAS". VALERIA PRESENTOU AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS A TRISTEZA DO REI.

UNHA OBRA DE ARTE FEITA CON PAPEIS DE CORES.
VALERIA SINALOU OS DIFERENTES ELEMENTOS DA OBRA: UNHA ODALISCA, FOLLAS, UNHA BAILARINA...
QUE IMPORTANTE O MOMENTO: SENTARSE ANTE OS DEMAIS NENOS E NENAS...
TODOS E TODAS PRESTARON MOITA ATENCIÓN ÁS EXPLICACIÓNS DE VALERIA. 
 VALERIA E A SÚA FAMILIA PREPARARON UNHA COMPOSICIÓN CON CARTOLINAS REPRODUCINDO O CADRO.
BO TRABALLO VALERIA!
MOITAS GRAZAS POR ACHEGARNOS OUTRA OBRA DE ARTE DIFERENTE.

2 comentarios:

  1. Como nos gusta ser os protagonistas o día de presentar o noso cuadro.
    É o momento de que se vexa todo o traballo realizado e toda a ilusión coa que afrontan o proxecto. Valeria sentiuse moi especial na sua exposición. Gracias

    ResponderEliminar