NO PRIMEIRO TRIMESTRE LIMOS OS 50 POEMAS DE "OS SOÑOS NA GAIOLA". AGORA AS FAMILIAS ESTÁN TRABALLANDO ARREO PARA ILUSTRAR OS NOSOS POEMAS FAVORITOS E CREAR A NOSA PROPIA SELECCIÓN.
EMPEZAMOS LER DIARIAMENTE UN POEMA DE "AS RÚAS DO VENTO CEIBE".
A LECTURA DE POESÍA É UNHA RUTINA MÁIS PARA NÓS.
IMPRESCINDIBLE ESTAR EN SILENCIO E RESPECTAR O MOMENTO. ESCOITANDO CON ATENCIÓN O POEMA.
É A NOSA HOMENAXE AO ESCRITOR MANUEL MARÍA.
ENCÁNTANOS A SÚA OBRA.
TAMÉN ESCOITAMOS POEMAS MUSICADOS.
"OS SOÑOS NA GAIOLA" POR SUSO VAAMONDE E "CANTA O CUCO", POR UXÍA E MAGÍN.
É O NOSO PEQUENO GRAN ACHEGAMENTO AO AUTOR LUCENSE. POUCO A POUCO IMOS DESCUBRINDO MÁIS DA SÚA OBRA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario