DESPOIS DA PRIMEIRA XORNADA, NA QUE COÑECIMOS AS NORMAS E PREPARAMOS O TERREO DA NOSA PARCELA, TOCOU VOLVER PARA PLANTAR.
COLOCAMOS BEN O SISTEMA DE REGO, ANDAMOS CON COIDADO PARA NON PISALO.
FIXÁDEVOS BEN NESTAS DÚAS IMAXES: QUE IMPORTANTE É O TRABALLO EN EQUIPO!
NON ESTIVEMOS SÓS NO HORTO. HABÍA NENOS E NENAS DOUTRAS CLASES TRABALLANDO NAS SÚAS PARCELAS.
POUCO A POUCO, COA AXUDA DE PILI, FOMOS PLANTANDO NOS REGOS.
IR AO HORTO SIGNIFICA TRABALLAR EN EQUIPO E TAMÉN ESPERAR AS QUENDAS CON MOITA PACIENCIA!
TEMOS QUE OBSERVAR ATENTAMENTE COMO FACER E ESCOITAR AS INSTRUCIÓNS.
LEITUGA VERMELLA, XUDÍAS, ALLOS PORROS, ESPINACAS E ACELGAS!
PARA REMATAR, QUITAMOS AS CATIUSCAS E VOLVEMOS Á AULA.
Canto persoal pa traballar na leira!!....
ResponderEliminarAsí da gusto!!
Que importante é o traballo en equipo!!!! Noraboa pistachiños!!!!
ResponderEliminarImportantísima lección a do traballo en equipo... ben por eses pistachiños!!!
ResponderEliminarFantástico chic@s!!!Muy buen trabajo de equipo.
ResponderEliminarMoi ben pistachos a disfrutar moito sodes xeniales!!
ResponderEliminarXenial pistachos! Un bo traballo en equipo.
ResponderEliminar