viernes, 20 de enero de 2017

PLASTILINA CASEIRA

A NOSA AULA QUEDOU CHEA DE FARIÑA DESPOIS DUNHA SESIÓN MOI ESPECIAL: FIXEMOS PLASTILINA CON INGREDIENTES QUE TODOS E TODAS TEMOS NAS NOSAS CASAS.

PRIMEIRO PREPARAMOS OS INGREDIENTES:
AUGA, SAL, FARIÑA, ACEITE E COLORANTE ALIMENTARIO.
DESPOIS OS NENOS E NENAS ESCOLLERON A COR DA SÚA PLASTILINA.
E... MANS Á OBRA!
MESTURAMOS 1 MEDIDA DE AUGA E 1 MEDIDA DE SAL.
DÚAS CULLEIRADAS DE ACEITE.
ENGADIMOS COLORANTE ALIMENTARIO.
 MESTURAMOS BEN.
 TAMÉN BOTAMOS 3 MEDIDAS DE FARIÑA.
DESPOIS DE MESTURAR CON PACIENCIA PODEMOS PASAR A AMASAR COAS MANS.
POUCO A POUCO A TEXTURA IRÁ PARECÉNDOSE Á PLASTILINA.
O RESULTADO... MARABILLOSO E SORPRENDENTE PARA TODOS E TODAS! 
É IMPORTANTE CONSERVAR BEN A NOSA "PLASTILINA", NUNHA BOLSA DE PLÁSTICO BEN PECHADA CONSERVARASE DURANTE UNS DÍAS.
CADA NENO E NENA LEVARON O SEU CACHIÑO DE PLASTILINA Á CASA, ESPERAMOS QUE GOZÁRADES XOGANDO CON ELA.
CONTÁDENOS SE VOS ANIMADES A FACELA NA CASA!

3 comentarios:

  1. Fáltanos solo o colorante para poñernos mans a obra! Xa temos a receta colgada no corcho da cociña!

    ResponderEliminar
  2. El viernes nada mas llegar a casa la pregunta fué:mamá tenemos sal? y aceite? y "fariña"?y agua?y colorante? Si Marcos.
    Biennn entonces ya podemos hacer plastilina de comer!!!
    Tenemos la actividad pendiente todavia pero sin duda lo haremos,porquee encantó

    ResponderEliminar
  3. un exito...nos ainda a temos ben...si se garda na bolsa me imagino q non se endurece,Iria non facia mais que lambela..jaja

    ResponderEliminar