miércoles, 8 de junio de 2016

SAÍDA A OUTEIRO DE REI

SAÍDA DE FIN DE CURSO, DESTINO...
OUTEIRO DE REI!
VISITAMOS MARCELLE.

ALÍ TIÑAMOS UNHA "MISIÓN": ATOPAR OS ANIMAIS PROTAGONISTAS DO ALBUM MARILUZ AVESTRUZ.
AVESTRUCES, CEBRAS E ANTÍLOPES!
 TODOS E TODAS AMOSARON MOITÍSIMO INTERESE E OBSERVARON ATENTAMENTE OS TRES ANIMAIS.
MISIÓN CUMPRIDA!
ANTES DE VOLVER A SIGÜEIRO FIXEMOS UNHA PARADA NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA.
ENTRAMOS NA HORTA DA CASA ONDE MANUEL MARÍA VIVIU ATA OS 9 ANOS.
OBSERVAMOS AS ÁRBORES E A CASA DESDE FÓRA
PUIDEMOS VER UNHA ROSEIRA COMO A DO "POEMIÑA PARA NAMORAR UNHA ROSA"
E FIXEMOS UNHA FOTO DE GRUPO. FOI RÁPIDO PORQUE NA TERRA CHÁ FACÍA MOITO CALOR, PERO NON PODIAMOS DEIXAR DE FACER ESTA FOTO DE RECORDO!
POR SUPOSTO, FOMOS BUSCANDO TOOOOODO O CAMIÑO VACAS COR TEIXA!

4 comentarios:

  1. Fantástica excursión!! A Marcos le encantó,nos contó que había visto todos esos animales. También tuvieron mucho éxito los lobos.

    ResponderEliminar
  2. Ainda que non se viran vacas....polo menos a Mariluz avestruz sì!!!
    Parece que todos o pasaron moi ben...eso è o importante!

    ResponderEliminar
  3. Gran labor das profes por aventurarse a levar a todas as fierecillas de excursion. Nadia saiu e volveu moi contenta; staba nerviosa.
    Gracias Berta

    ResponderEliminar
  4. Darien non quixo contar moito porque fixo unha ferida e viña enfadado pero tivo q pasalo de maravilla porque quere volver!!!! Estas saídas son super positivas para os peques, gracias por levalas a cabo!!!

    ResponderEliminar