miércoles, 27 de mayo de 2015

CONTACONTOS KALANDRAKA

RECIBIMOS A VISITA DE ALEX E PATRI, QUE TRABALLAN PARA A "FÁBRICA DE CONTOS" KALANDRAKA.
POUCO A POUCO, FOMOS ACHEGÁNDONOS Á AULA DE PSICOMOTRICIDADE...
 MENTRES, ESCOITABAMOS A ALEX TOCAR O ACORDEÓN. ENGAIOLADOS!

COMEZAMOS ESCOITANDO "SACAPENAS". (PODEDES PINCHAR NA PORTADA DO ÁLBUME PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN)
AO REMATAR, AGASALLÁRONNOS CON UN SACAPENAS PROCEDENTE DE GUATEMALA! GRAZAS!
CONTINUAMOS CON "TÍO LOBO", UNHA HISTORIA QUE FIXO QUE PASARAMOS MOMENTOS DE RISAS, MEDOS... E SUSTO!
MOITAS RISAS...
MOITA EMOCIÓN...
CURIOSIDADE...
E ATA UN POUCO DE MEDO...
 AS CARAS XA DESVELAN O MARABILLOSO QUE É ESTE CONTO.
A SESIÓN DE CONTACONTOS REMATOU CON MÁIS MÚSICA ACOMPAÑANDO ÁS "ONCE DAMAS ATREVIDAS"
ENTRE TODOS E TODAS FIXEMOS A CONTA ATRÁS. EMPEZAMOS NO ONCE E REMATAMOS NO UN, VIAXANDO ACOMPAÑADOS POR UNHAS MULLERES MOI AVENTUREIRAS QUE REMATAN A SÚA VIAXE EN BUEU!
DIVERTIDÍSIMO!
SEMPRE GOZAMOS COS CONTOS, PERO CANDO ESTÁN TAN BEN CONTADOS A SATISFACCIÓN MULTIPLÍCASE!
GRAZAS A KALANDRAKA POR ACHEGARNOS A EXPERIENCIA!
GRAZAS PATRI E ALEX POLA VISITA, ESPERÁMOSVOS!

2 comentarios:

  1. Patri y Alex son unos "cracks"contando cuentos,no me extraña que os lo pasarais tan bien.

    ResponderEliminar