viernes, 27 de marzo de 2015

PRESENTACIÓN DE NICA

COÑECEDES Á MASCOTA DA BIBLIOTECA DO COLE, VERDADE?
MÁNDANOS MENSAXES QUE NOS CHEGAN Á AULA. QUE EMOCIÓN!
HAI DÍAS RECIBIMOS UNHA CARTA CUN CONTIDO DIFERENTE...
ERA PARA NÓS! (4º A INFANTIL) 
DENTRO DO SOBRE HABÍA UNHA PEZA DE PUZLE.
FALAMOS SOBRE QUE SERÍA... UNHA BOCA CON DENTES? UN ARCO DA VELLA? UN PEIXE?

UNS DÍAS MAIS TARDE, UNHA REPRESENTANTE DE CADA CURSO FOI CONVOCADO PARA IR Á BIBLIO E INTENTAR FACER O PUZLE.
AQUÍ TEDES AOS REPRESENTANTES DE INFANTIL PREPARADOS PARA IR Á BIBLIOTECA...
ALÍ ESTABAN TAMÉN OS E AS REPRESENTANTES DE PRIMARIA PREPARADOS PARA FACER O PUZLE.
NAVIA PARTICIPOU E COLABOROU NA MONTAXE DO PUZLE. 
E O RESULTADO... 
ERA NICA!
PERO TIÑAN QUE ATOPALA POLA BIBLIO, ESTABA MOI BEN AGOCHADA.
PODEDES VER, NO BLOG DA BIBLIO, MAIS FOTOS DE COMO FOI O DÍA NO QUE DESCUBRIMOS A NOVA IMAXE DE NICA.
GRAZAS A TODOS E TODAS OS QUE FIXERON POSIBLE ESTE DÍA TAN ESPECIAL. E, EN ESPECIAL, A NAVIA QUE FOI UNHA SÚPER REPRESENTANTE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario