lunes, 23 de abril de 2018

O paso do tempo (I)

Chegamos a última unidade de Ciencias Sociais: "o paso do tempo".


Daniela trouxo un libro, elaborado pola súa familia, que contiña un montón de imaxes para ilustrar como foron os seus 7 anos de vida.
Xiana ía pasando as páxinas mentres que Daniela facía a súa exposición.
Explicou tamén en que consisten as súas rutinas diarias.

 Daniela leu o texto, onde explicaba as características das estacións do ano e de como o paso do tempo afecta ás nosas vidas.
 Como nos gusta ter o libro na aula e poder ver as fotos de Dani cando era un bebé!
Parabéns polo traballo Daniela!

3 comentarios: