miércoles, 31 de enero de 2018

A casa (III)

Temos que continuar amosándovos as presentacións que foron realizando os nenos e nenas na aula.
Lucía continuou co tema "a casa". Trouxo un póster con fotos e un plano do piso onde vive coa súa familia.


Lucía explicou que ten veciños e veciñas. Uns viven no mesmo piso, outros no mesmo edificio pero en diferente piso.

Lucía tamén nos contou que dependencias ten a súa casa e que fai en cada unha delas.
Os compañeiros e compañeiras prestaron moita atención ás explicacións e descricións de Lucía.
Parabéns Lucía!
Moitas grazas á familia polo traballo!

5 comentarios: