lunes, 27 de noviembre de 2017

25 N

O venres 24 colocouse un enorme lazo violeta para amosar a nosa implicación no día contra a violencia.

Ese lazo ten escritas as palabras que cada clase escolleu, palabras relacionadas coa violencia contra as mulleres.
O día anterior, na aula, pensamos en palabras como: RABIA, PEGAR, MEDO, DOR, SUSTO, TRISTEZA, PERDÓN, CHORAR, IRA, ENFADO.
Fomos todos e todas a escribir a palabra escollida "ira". Iria foi a encargada de escribila.
Estas son as palabras escollidas por todas as clases do cole.
Todos e todas, cada día comprometémonos a rexeitar todo tipo de violencia.

5 comentarios:

  1. Moi ben,Iago enseñoume o lazo do cole todo emocionado. Gracias por facerlle ver tantas cousas os nosos nenos.

    ResponderEliminar
  2. Que importante es la concienciación desde edades tempranas.Ojalá algún día no haga falta que exista un día dedicado a este tema.

    ResponderEliminar
  3. Nadia tamen me contou como colocastes o lazo, e q a vosa palabra elexida fora a « ira». Q ben q aprendan desde pequeniños o « NO» a violencia

    ResponderEliminar
  4. Unha iniciativa moi boa e educativa para conciencialos dende pequenos, moitos parabéns a todos polo gran traballo e esforzo

    ResponderEliminar